Tenis de mesa
Horario da actividade:
Mércores e venres, de 7 a 9 da noite no salón de actos.
A actividade de tenis de mesa lévase impartindo na Sociedade dende o ano 1992 cunha gran afluencia de socios que abarcan dende os 7 anos a os 50.
Por estes 18 anos de vida do clube Tenis de Mesa Sociedade Liceo de Noia pasaron uns 500 alumnos.
A sección ven destacada por ter dous equipos en competición oficial. Chegando a ser un dos seus maiores logros asistir á fase de ascenso a primeira división española en Madrid.
Individualmente tamén consíguense logros a nivel de cantera, destacando entre eles a Inés Vázquez, xogadora formada dende seus inicios na Sociedade e que actualmente é integrante da selección galega e xogadora de primeira división feminina.
A actividade desenrólanse durante durante dous días á semana dividindo cada un deles en dous quendas, sendo o primeiro para iniciación e o segundo para perfeccionamento e competición.
O material dispoñible polo Club é de 8 mesas de xogo das cales catro foron adquiridas actualmente. Todas elas están repartidas no recinto de entrenamento.
No último ano adquiríronse ademais equipacións novas para os equipos federados e as competicións en idade escolar.
A actividade está enfocada a calquera socio, independentemente de idade e preparación física, poida desfrutar do beneficio da práctica deportiva.