Liceo de Noia

O GRUPO

     O actual grupo de teatro do Liceo de Noia nace no 2008 polo encontro de varios dos seus compoñentes que deciden aunar forzas na creación e xestión de proxectos teatrais cos que identificarse, tanto pola mensaxe a transmitir como pola calidade. Sempre a través dun teatro que trate temáticas universais de todas as épocas, nacionalidades, estilos e autores.

     Deste xeito emprenden unha andadura ás ordes do director do grupo, Ramón Carredano, coa obra " As árbores morren de pé", de Alejandro Casona. A pesar da acollida da obra por parte dos espectadores, o grupo de teatro Liceo de Noia cre convinte transmitir ao público outra sensación, xa que nos tempos de crise que corren é obvia a necesidade de evasión, de escapismo, posto que o teatro debe ser algo que faga sentir ben ao espectador. Motivo máis que suficiente para retomar forza coa comedia.

Obras:

"Smóking" de Santiago Moncada

"Dous menos" de Samuel Benchetrit

 

Contacto

 

Séguenos no Facebook - Sociedade Liceo de Noia | liceonoia@gmail.com