Encaixe de Bolillos - Sociedade Liceo de Noia

Horario da actividade:
Mércores, de 17:00 h - 19:00 h
Mércores, de 19:00h - 21:00 h
 
     Panos de arras e de mesas, mantelerías, cortinas, motivos florais e coxíns son algunhas das labores realizadas ó longo destes últimos meses polas máis de 15 palilleiras da mencionada sociedad que, sen levantar a ollada das almofadas repletas de alfileres e sen cesar o movemento das mans, ó compás da musiquiña procedente de centos de pares de peciñas de madeira para distribuir os fíos,  compartiron os picados e os coñecementos adquiridos entre os meses de Setembro e Xuño, nalgún caso de unha década, tras a asistencia a esta actividade.
 
Historia do encaixe de bolillos
 
     Trátase de un encaixe realizado a man entrelanzando fíos sobre unha almofada seguindo un debuxo realizado en cartón (picado).
     A orixe do encaixe de bolillos non é doado de determinar. Según uns autores, a súa procedencia remóntase á tempos dos faraóns, posto que os exipcions xa utilizaban adornos parecidos ó encaixe nos traxes usados para cirimonias, conservándose aínda teas de mallas con adornos de osos ou pezas de chumbo con fíos enroscados, o que supón que se poden considerar precursores dos bolillos. Máis tarde difúndese por todo o Mediterráneo e cá implantación da cultura árabe musulmán, espállase dende o século VIII pola península Ibérica, Francia, Béxica, Holanda e o norte de Italia.
     Sin embargo, entre os séculos XV e XVIII, prodúcese o momento álxido do encaixe de bolillos. Era unha tarefa elaborada únicamente por religiosos, xeralmente homes, ata que máis tarde se foi introducindo en toda a sociedade, tanto na clase alta que o facía de forma ociosa para adornar vestimentas, como nas clases medias ou baixas que o facían como un recurso económico para unir diferentes teas ( labor tramada).
     Cá revolución industrial no século XIX, o encaixe de bolillos sufríu as consecuencias da reproducción de liñas e figuras en diferentes cores nos tecidos ó ser implantado un sistema de agullas nas máquinas de tecer. Unha contrariedade que case chegou a paralizar a elaboración de encaixes.
     Grazas ó impulso da Xunta de Galicia e de Asociación de Palilleiras de Camariñas, este pobo da o nome ó encaixe de bolillos que se fai en Galicia e que paulatinamente está a recobrar auxe a nivel autonómico e nacional.
     A lenda sitúa a orixe do encaixe de Camariñas co naufraxio dun barco italiano frente á abrupta costa, do que sobrevivíu unha dama que aprendeu a arte de palillar ás mulleres da mencionada localidade.
     O pasado mes de Xuño fundíuse en Noia tradición, arte e modernidade con sorprendentes creacións de encaixes elaborados polas palilleiras da Sociedade Liceo, entre outras asociacións, na feira artesanal “Artesanoia”.

                                                                                                                                                                                                                                                                                   
 
Subir