V de Viñetas. III Xornadas de cómic do Liceo de Noia


Este ano é un ano diferente, cheo de obstaculos e tocou agardar un pouco, pero "V de Viñetas" xa está de volta. E para un ano diferente, que menos que un cartaz diferente feito polo gran debuxante Kiko da Silva.

 

Os debuxantes convidados a participar son: Fonso Barreiro (Fon Barreiro) ( que ademáis e o coordinador do evento), Miguel Porto, Fernando LLor,  Pablo Prado (Fuco) e Miguelanxo Prado, que impartirán diferentes obradoiros, ademáis de asinar as súas obras aos que así o desexen.

Teremos  exposicións : 
  1. “Meus veciños Miyazaki e Takahata”: Marco, Heidi, Sherlock Holmes, Lupin III, Nausica etc… pasaranse por “V de Viñetas xornadas de cómic do Liceo de Noia” en forma de Cells Orixinais, reproducións, figuras,laser discs xaponeses e libros de storyboards e de arte conceptuais destes grandes da animación antes e despois dos estudos Ghibli
  2. " A Silveira": viñetas de Kiko da Silva, 
  3. Debuxos de Fernando LLor, Miguel Porto, Pablo Prado, 
  4. A Viñeta de Schrödinger (debuxos)
O domingo proxección do filme de animación  xaponés PONYO EN EL ACANTILADO
E dúas librerias especializadas no mundo da banda deseñada montarán os seus postos:
Pijus magnificus
A gata tola, as dúas de Santiago de Compostela.
 
INSCRICIÓNS E RESERVAS NA CONSERXERÍA DA SOCIEDADE OU BEN CHAMANDO AO TELÉFONO 981820535, IMPRESCINDIBLES PARA CUMPLIR O PROTOCOLO ANTICOVID ESTABLECIDO PARA O DESENVOLVEMENTO DAS XORNADAS.
 


                                                                                                                                                                                                                                                                                   
 
Subir