Danza española
Horario da actividade:
Sábado, de 10 a 2:30 da tarde na sala de danza
Grupo "Hierbabuena"
Difícilmente pódese explicar de xeito breve algo tan complexo, variado e cheo de matices como é a Danza Española.
A Danza Española é a nosa danza. É o resultado dos numerosos pobos que o longo da historia foron conformando nosa personalidade e cultura. Sen embargo, a Danza española é tamén unha danza universal, coñecida, practicada e admirada en todo o mundo.
O flamenco reflicte todos os sentimentos da vida: a pasión, o amor... pero tamén a traxedia, a morte e o medo. As ganas de abandonarse a rocambolescos movementos con mantillas que xiran no aire, tacóns que oscilan no alto e berros que suben dende o máis profundo do corazón... iso é o flamenco.
O flamenco é unha danza universal, espiritual e carnal o mesmo tempo, e puro ou menos puro, convulsionou ó mundo enteiro.