Liceo de Noia

AMIGOS DO LICEO

 

     Este grupo nace a través dunha iniciativa de socios da Institución que comparten o gusto común pola música popular hispanoamericana.

A comezos do ano 2011 este interese transfórmase en realidade ao comezar os seus primeiros ensaios.

Pouco a pouco o grupo comeza a crecer en entusiasmo, calidade musical e novos integrantes ata chegar aos 12 compoñentes actuais.

Ao tratarse dun grupo masculino, vaise conformando unha división de voces en 3 grupos principais (tenores - barítonos - baixos), á vez que se establece un acompañamento instrumental de guitarras, requinto, baixo acústico e accesorios de percusión, buscando unha unidade estilística co repertorio que se vai traballando. O perfil musical do grupo é moi amplo, apuntando a investigar e poñer en escena versións propias de cancións tomadas da música popular e folclórica de toda Latinoamérica, así como tamén de España e particularmente Galicia.

A Dirección Musical do grupo está baixo a responsabilidade do Prof. Alejandro Guillermo, o cal fai os arranxos vocais e instrumentais e ten ao seu cargo tamén a execución do baixo acústico.

No tempo transcorrido dende o seu nacemento, o grupo realizou varias presentacións informais en distintos sitios de Noia, e a súa presentación oficial foi o día 25 de agosto cun concerto ofrecido nas instalacións da Sociedade Liceo.

Para finais do presente ano 2011 estase traballando nun proxecto conxuntamente co Grupo Vocal e Instrumental Atlántico presentar o ciclo de vilancicos "Navidad Nuestra", do compositor e musicólogo arxentino Ariel Ramírez.

 

Fotos          Videos        Contacto

 

 

Séguenos no Facebook - Sociedade Liceo de Noia | liceonoia@gmail.com